GERALT DE RIVIA/6 - LA TORRE DE LA GOLONDRINA (ED. COLECCIONISTA)
ISBN : 978-84-9889-057-0
Categoria : LIBROS
Colección : N/D
Edición : No Disponible
Tipo : No Disponible
Páginas : 0
Idioma : No informado
PVP : 22,95€

O LIBRO DOS XOGUETES TRADICIONAIS DA NOSA CULTURA. Froito de dez anos de traballo, velaquí temos Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. Nesta obra, o autor, ao longo de máis de mil páxinas, ofrece un extenso catálogo dos brinquedos e enredos diversos que forman parte da nosa tradicional cultura lúdica. Máis de 2.500 fotografías acompañan os arredor de 1.000 brinquedos, enredos e mesmo brincadeiras efémeras que compoñen o volume, todos eles descritos de forma pormenorizada e completados con informacións sobre o seu uso, a dificultade de construción, as súas variantes, os lugares de recolla das informacións, anécdotas dos informantes relativas aos xoguetes descritos e tamén textos literarios ou doutra índole, nos cales un gran número de autores se refiren a eles. Velaquí un libro de divulgación que recompila nun só volume a meirande parte dos xoguetes tradicionais que formaron e forman parte da nosa cultura, clasificados en brinquedos do mundo animal, vexetal e inanimado, brinquedos de enxeño e habilidade, bonecas, brinquedos de desprazamento e transporte, arsenal infantil, brinquedos sonoros e xoguetes ou elementos para xogos regrados, entre outros. Brincar é gozar dun tempo preciso e precioso para introducírmonos na cerna da cultura, para desenvolvermos as capacidades das que, como seres humanos, dispomos: intelixencia, creatividade, inventiva, liberdade, orde, empatía, amizade, respecto, coidado da natureza, coñecemento do mundo, uso da lingua de forma precisa e harmónica.

RELACIONADOS POR AUTOR


RELACIONADOS POR TEMÁTICA